Cadel Evans Great Ocean Road Race

Modelo:Competición deportivaCadel Evans Great Ocean Road Race
Imaxe
Nome oficialCadel Evans Great Ocean Road Race (2015–) Editar o valor en Wikidata
Tipocarreira dun día Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
EpónimoCadel Evans Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Vixencia2015 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxaneiroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialcadelevansgreatoceanroadrace.com.au Editar o valor en Wikidata

A Cadel Evans Great Ocean Road Race, tamén coñecida só como Great Ocean Road Race, é unha carreira ciclista australiana. Foi creada no ano 2015, a iniciativa do ciclista australiano que lle pon nome, Cadel Evans, campión do Tour de Francia e do mundo[1]. A carreira desenvólvese todos os anos polas zonas de Melbourne e Geelong, dentro do estado de Victoria. Dende a súa creación, sempre se disputa uns días despois do final do Tour Down Under. A proba masculina formou parte do UCI Oceania Tour, na súa primeira edición con catalogación 1.1 e xa no 2016 con categoría 1.HC. No 2017, coa ampliación do número de probas pasou a formar parte do UCI WorldTour[2].

A súa versión feminina, incluíuse no ano 2015 no calendario australiano. En 2016 pasou a ser de catalogación 1.2 e no 2018 1.1. Esta carreira feminina foi a sucesora da Geelong World Cup, incluída na Copa do Mundo feminina e que tivo lugar na mesma zona entre 2003 e 2008.

  1. "Cadel Evans". ProCycling Stats. 
  2. Diario AS (2 de agosto de 2016). "La UCI añade diez pruebas más al calendario World Tour". Consultado o 2/4/2018. 

Developed by StudentB